Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12802

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de marzo de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Sol González Regal, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Secretaría:

– Mónica Martínez Otero, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– María del Mar Miraz Claro, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

– María Isabel Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela.

– Elena González Fernández, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Rosa María Díaz Naya, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Secretaría:

– María Begoña Domínguez Dovalo, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Vogais:

– Gloria María García López, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

– Vanessa Brea Lago, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– Rebeca Arijón Gontad, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.