Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12800

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de marzo de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Carmen Prieto Ramos, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Secretaría:

– Concepción García García, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Vogais:

– Margarita Estévez Saá, profesora titular da área de coñecemento de Filoloxía Inglesa da Universidade de Santiago de Compostela.

– María José Justo Martín, funcionaria do corpo facultativo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos da Administración do Estado, sección arquivos.

– José Manuel Blanco González, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Carmen Luisa Corgo Solleiro, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Secretaría:

– Paula Oliete Trillo, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

Vogais:

– María Carina Fernández Faya, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

– Alberto González Fernández, funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arqueólogos.

– Olga Sáenz-Díez Naval, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.