Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12804

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de marzo de 2015 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Pilar Fernández Ruíz, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Secretaría:

– Eva María Sanín Mariño, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Inmaculada Serrano Plaza, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

– Francisco Javier Villar Teijeiro, funcionario da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago de Compostela.

– María Ángeles González Castiñeiras, funcionaria do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Carlota Dans Montero, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Secretaría:

– María Cristina Gayoso Diz, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

Vogais:

– María Elena García Pazos, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

– María Cristina Rubal González, funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

– María Pilar Pena Casas, funcionaria do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia.