Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 14 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 29, do 12 de febreiro), de conformidade co establecido no artigo 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e seleccionar as persoas que se relacionan no anexo.
Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron praza producirase na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería publicada no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, segundo o Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se modifica o artigo 14.4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e do disposto na base sétima da convocatoria.
O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á/s persoa/s interesada/s.
Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.
Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause/n baixa a/s persoa/s, así como daquel en que obteña/n praza, realizarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso postestativo de reposición, ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Nome e apelidos: Marina Fernández Cañizo.
NRP: 3606146824 A2060.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: xeral.
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Réxime Xurídico e Inspección.
Nivel: 28.
Código do posto: MA.O11.00.001.15770.047.
Complemento específico: 13.698,72.
Localidade: Santiago de Compostela.
Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Titulación académica: 2062 (licenciatura en Dereito).
Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego).
Nome e apelidos: María Blanco-Rajoy Sánchez.
NRP: 3278578102 A2061.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: especial.
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Planificación e Ordenación do Solo.
Nivel: 28.
Código do posto: MA.O11.00.002.15770.047.
Complemento específico: 13.698,72.
Localidade: Santiago de Compostela.
Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Titulación académica: 2001 (Arquitectura).
Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).
Nome e apelidos: José Luis Estévez Sobrino.
NRP: 3496940046 A2051.
Subgrupo: A2.
Corpo/escala: xeral.
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo.
Nivel: 28.
Código do posto: MA.O11.00.002.15770.020.
Complemento específico: 13.698,72.
Localidade: Santiago de Compostela.
Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).
Nome e apelidos: Alberto F. Eiras Martínez.
NRP: 3323928857 A2060.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: xeral.
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Xestión e Financiamento de Vivendas de Promoción Pública.
Nivel: 28.
Código do posto: MA.O11.00.001.15770.054.
Complemento específico: 13.698,72.
Localidade: Santiago de Compostela.
Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Titulación académica: 2062 (licenciatura en Dereito).
Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).