Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación do servizo de axencia de viaxes para o proxecto Erasmus Mundus Green Tech WB (expediente 303/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia dos Servizos Centrais do Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 303/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: axencia de viaxes para o proxecto Erasmus Mundus Green Tech WB.

c) División por lotes: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: 39 meses desde o día 1 de abril ou desde o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior.

f) Admisión de prórroga: non.

g) C.P.V.: 79.11 Servizo de axencia de viaxes.

h) C.P.A.: 63510000-7 Servizo de axencia de viaxes e servizos similares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 93.837 €.

5. Importe de licitación: 93.837 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, 2 sobres: A e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia dos Servizos Centrais, baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobre C na Sala de Xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 3.000 €.

11. Outra información: financiamento europeo: proxecto europeo Erasmus Mundus Green Tech WB.

Vigo, 23 de marzo de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo