Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12504

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo detalle de equipamento asistencial no polígono dos Rosales (expediente 631/238/2014).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o día 2 de marzo de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de equipamento asistencial nos Rosales, setembro 2014, promovido pola Fundación Remanso.

Segundo. Ordenar a dilixencia do documento aprobado, así como continuar co cumprimiento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva aos interesados no expediente, aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina de Deliñación-SIX de Planeamento e á Área de Infraestruturas».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o día 19 de marzo de 2015.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao que se realice a publicación deste anuncio, ou de ser o caso a súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de marzo de 2015

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo