Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Ismael Calvo Alonso.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 89/2015 (procedemento abreviado), interposto por Ismael Calvo Alonso contra a desestimación do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 11 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (DOG nº 78, do 24 de abril).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos