Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación, mediante un procedemento aberto e de tramitación ordinaria, para a xestión e explotación da escola infantil do Hospital Universitario Lucus Augusti (expediente AB-EIL1-15-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 60 47/057/229.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-15-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación da escola infantil do Hospital Universitario Lucus Augusti.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Universitario Lucus Augusti.

1º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 1 de setembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 85312110-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación.

Importe total: canon mínimo anual fixo de 3.000,00 euros e variable de 100,00 euros por usuario.

6. Garantías exixidas: definitiva do 50 % do importe de canon anual ofertado.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral no 2º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da dirección no 3º andar do Hospital Universitario Lucus Augusti, rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 13 de marzo de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos