Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 24 de marzo de 2015 pola que se notifica orde de retirada da embarcación Juan Baltasar Segundo depositada sen autorización no porto de Camariñas (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Camariñas á mercantil Sea Octopus, S.L. orde de retirada da embarcación Juan Baltasar Segundo con folio 4ª-VILL-3-125-91 da zona de servizo do porto de Camariñas, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na avenida da Coruña, nº 28, de Camariñas (A Coruña).

De acordo co expediente que traslada á Xefatura da Zona Centro de Portos de Galicia, a embarcación se atopa depositada sen autorización desde o ano 2013 na zona de servizo do porto de Camariñas en estado de abandono, e a empresa propietaria non aboa ningunha liquidación desde o ano 2008.

A presente orde emítea a Dirección de Portos de Galicia ao abeiro das competencias conferidas polo artigo 9.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de Portos de Galicia.

A retirada da embarcación deberá de producirse nun prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Camariñas.

O atraso no cumprimento da orde de retirada implicará que Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 95 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, proceda a efectuar a retirada da embarcación de maneira subsidiaria e á custa do propietario, así como a súa incautación e alleamento por exceder neste momento o importe dos dereitos creados e non satisfeitos sobre a embarcación ao seu valor máximo, segundo valoración da que dispón esta entidade, e todo iso sen prexuízo da incoación de procedemento administrativo sancionador.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707, Santiago de Compostela.

O presente acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada, que deberá de presentarse ante a Presidencia de Portos de Galicia nun prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou ao da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Camariñas.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia