Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (518/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sobre seguridade social 518/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Castro Ruibal contra a empresa Denim Sport Wear, S.L., ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por María Teresa Castro Ruibal, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1 e contra Don Vaquero Sport Wear, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a suma de 1.854 euros que se lle deben en concepto de prestación económica de IT iniciada o 5 de xullo de 2010 e finalizada o 28 de novembro de 2011, e correspondentes aos meses de setembro de 2010 e xuño de 2011 (a razón de 927 euros cada mes), e debo condenar e condeno as demandadas a estar e pasar pola devandita declaración, e debo condenar e condeno a Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1 a aboarlle a devandita suma de 1.854 euros polas prestacións de IT de setembro de 2010 e xuño de 2011, sen prexuízo das accións que poida exercer contra a mercantil Don Vaquero Sport Wear, S.L. polas deducións efectuadas sen aboar en pagamento delegado o importe da prestación; con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutual Midat Cyclops Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 1.

2. Debo condenar e condeno a Don Vaquero Sport Wear, S.L. a que lle aboe á demandante a suma de 943,92 euros en concepto de complemento de IT previsto no artigo 24 do Convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña, correspondente aos meses de setembro de 2010 e xuño de 2011.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.3.c da LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Denim Sport Wear, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial