Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (24/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 24/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio Navarro Márquez contra o Fondo de Garantía Salarial, Promociones Riocesures, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Marco Antonio Navarro Márquez contra Promociones Riocesures, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Promociones Riocesures, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 900 euros líquidos, polos salarios devindicados en agosto de 2013 e, ademais, 90 euros por xuros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Promociones Riocesures, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial