Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (694/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 694/2012 a instancia de Begoña Domínguez Patiño contra a empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 5 de febreiro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Begoña Domínguez Patiño fronte á empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. e consecuencia, condénase a empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. a aboar á demandante a cantidade de tres mil oitocentos un con oitenta euros (3.801,80 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial