Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para a realización dos traballos de recollida da información para a enquisa de poboación activa en Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2015/640.1/24411/01.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21620

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: realización dos traballos de recollida da información para a enquisa de poboación activa en Galicia.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial da Unión Europea do 21 de novembro de 2014.

Boletín Oficial do Estado nº 290, do 1 de decembro de 2014.

Diario Oficial de Galicia nº 240, do 16 de decembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 638.677,68 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 319.338,84€. Importe total: 386.400,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 17 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Instituto Sondaxe, S.L. CIF: B15342058.

d) Importe de adxudicación: importe neto 287.405,00 €. Importe total: 347.760,05 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística