Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 13 de marzo de 2015, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no requirimento 36R002/R/AFL/34/2014 (expediente 36R002/3108/2014) e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentadas as notificacións persoais, cada unha en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 7º andar, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 13 de marzo de 2015

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Requirimentos: 36R002/R/FL/34/2014 (expediente 36R0023108/2014), 36R002/R/AFL/35/2014 (expediente 15R001/1985/2014) e 36R002/R/AFL/1/2015 (expediente 27R001/2368/2014).

Interesada: Marco Polo Electronics, S.L. CIF: B-27725357.

Acto notificado: primeiro requirimento.