Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015 pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo a resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia- Xestur, S.A., as que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

A presente resolución remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes do último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

DNI

Último enderezo coñecido

Acto notificado

Dependencias para a comparecencia

RBE-20015-09

RBE0150010101185009Q

Andrea Varela Saavedra

34891180L

Rúa Historiador Vedía, 10, 2

15004 A Coruña

Notificación da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación

A Coruña

RBE-05915-08

RBE1270010100452008A

Sonia Castro Diéguez

33539128E

Rúa Rof Codina, 41, 1

27002 Lugo

Notificación da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación

Lugo

RBE-23578-09

RBE0360010101526509M

Priscila Salgado Vega

53182705N

Rúa Doutor Carracido, 98 CS

36205 Vigo, Pontevedra

Notificación da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación

Vigo

RBE-10569-08

RBE0360010100925408D

Olaya Campos Paz

77404588C

Avenida Augusto García Sánchez, 16 B, 3 D

36001 Pontevedra

Notificación da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación

Pontevedra

A Coruña: rolda de Nelle, 12 bis-1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.

Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 19 33.

Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28, 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.

Ourense: rúa Valente do Casar, nº 2 baixo, 32003 Ourense. Teléfono: 988 51 15 74.

Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7 baixo, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 10.00 ás 14.00 horas.

Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º, 36206 Vigo, Pontevedra. Teléfono: 986 49 45 62.