Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a María del Mar García López, para ser notificada por comparecencia en materia de reintegro de pagamentos indebidos.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a María del Mar García López para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, 7º andar, Edificio Administrativo de Monelos, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de marzo de 2015

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña