Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado da subministración e instalación do equipamento de oficina, contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22135

e) Número de expediente: 3/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación do equipamento de oficina para a Consellería de Traballo e Benestar.

CPV: (referencia de nomenclatura): 39111100-4.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega e instalación: dependencias da Consellería de Traballo e Benestar en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo San Caetano, s/n).

d) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 91.200,00 €. IVE (21 % ): 19.152,00 €. Importe total: 110.352,00 €.

5. Garantías.

Definitiva: si, 5 % do importe de licitación, IVE excluído (4.560,00 €).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22135

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica 981 54 46 80 (José Luis Fernández Murias).

e) Telefax: información índole administrativa: 981 54 56 85 (Servizo de Obras).

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1) Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2) As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22135 con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar