De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21271
2. Obxecto do contrato:
Tipo: obras.
Descrición: restauración da Porta Miñá, na muralla romana de Lugo, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
3. Orzamento base de licitación: 206.181,42 €, IVE excluído.
4. Formalización do contrato:
a) Data da adxudicación: 19 de febreiro de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 10 de marzo de 2015.
c) Contratista: Copcisa, S.A.
d) Importe de adxudicación: 174.986,17 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria