Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2015/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Domicilio social: r/ Alfonso XII, 3-5, 28014 Madrid.

Denominación: LMT e CT1 e LMT e CT2 para bibilioteca e arquivo histórico, respectivamente.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT biblioteca: LMT subterránea de 17 m de lonxitude a 20 kV, con condutor
RHZ1 2OL12/20 kV 3 (1×240 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento do expediente 2014/037 e o CT biblioteca.

CT1 biblioteca: aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, cela modular de remonte, cela modular de protección de transformador e cela de medida. Transformador trifásico de potencia 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

LMT arquivo: LMT subterránea de 10 m de lonxitude 20 kV con condutor
RKZ1 2OL12/20 kV 3 (1×95 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento do expediente 2014/37 e o CT arquivo.

CT2 arquivo: aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, celda modular de remonte, cela modular de protección e transformador e cela de medida. Transformador trifásico de potencia 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 71.654,87 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 10 de marzo de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense