Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, de Perfecta García Pinal.

O Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, mediante auto ditado o 19 de decembro de 2013 declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal dos bens de Perfecta García Pinal, veciña de Vilamarín (Ourense), falecida o 14 de marzo de 2012.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1 do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 269 da Lei 2/2006, do dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados no lugar da última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda; de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Perfecta García Pinal, falecida no municipio de Vilamarín (Ourense) o 14 de marzo de 2012, formulen as alegacións que consideren pertinentes ante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda