Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 12/2015, interposto por María Luisa Villares González.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. núm. 12/2015, interposto por María Luisa Villares González, contra a Resolución da Consellería de Facenda do 2 de decembro de 2014 pola que se desestima o recurso de reposición formulado contra a Orde do 4 de novembro de 2014 pola que se exclúen dúas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública