Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se acorda someter a información pública o anteproxecto da Lei de transparencia e bo goberno.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a tramitar o anteproxecto da Lei de transparencia e bo goberno, que ten por obxecto regular a transparencia na actividade da Administración pública e o dereito da cidadanía a acceder á información pública, así como establecer o réxime xurídico das obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos, incluíndo o seu réxime de incompatibilidades, de conflito de intereses e de control dos seus bens patrimoniais.

En virtude do exposto no artigo 7.4 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 57/1994, do 25 de marzo, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o anteproxecto da Lei de transparencia e bo goberno.

O texto do anteproxecto de lei poderase consultar no seguinte enderezo electrónico:

http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: dxara@xunta.es ou, alternativamente, mediante a presentación dun escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza