Expediente: IN407A 2015/061-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMTS estrada DP-2405, Meirama.
Concello: Cerceda.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea MEI-801 (desvío provisional), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. MEI-801 (expte. 466/07), no tramo entre a subestación de Meirama (expte. 29.619) e o CS Udesa (expte. 466/07), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. MEI-801 (expte. 466/07), no tramo entre a subestación de Meirama (expte. 29.619) e o CS Udesa (expte. 466/07).
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 3 de marzo de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña