Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2014/98-4).

A instalación denominada LMT e CT Os Casás-Goimil, no concello de Barro, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 16 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 15 de abril de 2015, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Barro.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, en que serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 3 de marzo de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

anexo

LMT, CT, Os Casás-Goimil

Representante

Nome e apelidos

Enderezo

CP-Concello

Nº apoio

m2 solo

m2 sub

Concello

1

Modesto Ayude Cancela

CMVMC de Agudelo

Madalena-Agudelo, 13

36190-Barro

1

6

Barro

2

Mª Carmen Villaverde Vázquez

Os Casás-Agudelo, 13

36190-Barro

CT

8,42

0,49

Barro

3

Celso Fernández Vázquez

Estación de Portela-Portela, 56

36692-Barro

CT

8,39

6,98

Barro