Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/17-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/17-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS 20 kV na rúa República Checa, nº 17.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,019 km, con orixe en cela do CT Costa Vella, nº 9 (expediente 294/03), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CS Coregal (para reinstalar).

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, con orixe en CS Coregal (para reinstalar), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en empalmes que se van realizar na LMTS SCY-829, entre os centros de transformación Costa Vella, nº 8 (expediente 294/03), e Costa Vella, nº 9 (expediente 294/03).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña