Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11981

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (132/2006).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decreto 210/2014

Secretaria xudicial: María Susana Gamonal Lombardero

En Betanzos, 3 de xullo de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nas presentes actuacións para a división da herdanza do finados José García Castro e Vicenta Bugallo Bugallo, o contador Agustín Luis Vilariño Gómez presentou as operacións divisorias para cuxo labor fora designado.

Segundo. Das ditas operacións divisorias déuselles traslado aos interesados na herdanza e fíxoselles saber que no prazo de dez días poderían formular oposición ás referidas operacións divisorias.

Terceiro. Os interesados expresaron a súa desconformidade coas operacións divisorias do contador ou deixaron transcorrer o prazo sen realizar ningunha manifestación respecto diso.

Fundamentos de dereito.

Único. Establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LACn), que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poderen opoñerse ás operacións divisorias sen presentar a posición ou manifestando expresamente a súa conformidade con elas, o tribunal ditará auto en que aprobe as operacións divisorias e mandará protocolizalas.

Parte dispositiva.

1. Apróbanse as operacións divisorias da herdanza dos finados José García Castro e Vicenta Bugallo Bugallo realizadas polo contador Agustín Luis Vilariño Gómez, as cales se protocolizarán na notaría que por quenda corresponda.

2. Ofíciese ao decano do Colexio Notarial de Betanzos para que participe o notario a quen por quenda corresponda a protocolización e, logo de coñecido, remítanselle as operacións divisorias e o testemuño deste auto.

Contra a resolución cabe interpoñer recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de cinco días a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo e asino. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diego García González e Sonia García González, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 4 de xullo de 2014

A secretaria xudicial