Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo aos expedientes 133/78 e catro máis.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 26 de febreiro de 2015 figura o acordo seguinte:

Monte de Cerredo (expediente 133/78), pertencente aos veciños do lugar de Cerredo, da parroquia de Son, no municipio de Navia de Suarna, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 26 de novembro de 1979, monte de Valgos (expediente 101/78), pertencente aos veciños do lugar de Valgos, da parroquia da Ribeira, no municipio de Cervantes, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial do 30 de abril de 1979, monte de Vilela (expediente 134/78), pertencente aos veciños do lugar de Vilela, da parroquia de Son, no municipio de Navia de Suarna, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 26 de novembro de 1979, monte de Libre (expediente 107/78), pertencente aos veciños do lugar de Libre, da parroquia de Son, no municipio de Navia de Suarna, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 30 de abril de 1979 e monte da Veiga (expediente 108/78), pertencente aos veciños do lugar da Veiga, da parroquia de Son, no municipio de Navia de Suarna, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 30 de abril de 1979. Con data do 2 de xullo de 2013 ten entrada copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 1 da Fonsagrada, con data do 30 de decembro de 2011, ditada no procedemento ordinario 61/2010, na cal, admitindo a demanda presentada, declara: «(...) que o réxime da comunidade propietaria do monte de Cerredo, descrito no feito cuarto da demanda, número 3 (...) é privado, de tipo romano ou abertal de orixe foral (...) Declaro a nulidade do acordo adoptado polo Xurado Provincial de Montes en Man Común no expediente número 133/78, polo que se clasificou o monte de Cerredo como veciñal en man común. Declaro a nulidade de toda inscrición en que o monte de Cerredo figure como comunidade xermánica. Líbrese comunicación á Xunta de Galicia para cancelación de toda inscrición en que se atribúa carácter xermánico á comunidade do monte de Cerredo (...) Declaro que procede o deslindamento do monte de Cerredo como abertal, de comunidade romana, coñecido por montes de voces, varas ou fabeo, coas comunidades propietarias dos montes veciñais en man común dos lugares de Valgos, Santalla e Río, pertencentes ao municipio de Cervantes, e os dos lugares da Veiga, Vilela e Libre pertencentes ao municipio de Navia de Suarna, así como co terreo descrito no feito cuarto (...) Líbrese comunicación á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para que a descrición dos montes citados nesta sentenza que exista no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común e outros arquivos ou rexistros dependentes da Xunta de Galicia se axuste ao establecido nesta sentenza (...)». Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 2 de outubro de 2014, emítense informes en que se especifican as modificacións resultantes en cada un dos montes afectados polo deslindamento xudicial, co que o monte de Valgos queda cunha superficie de 241,93 hectáreas, o monte de Vilela cunha superficie de 58,16 hectáreas, o monte da Veiga cunha superficie de 94,39 hectáreas, e o monte de Libre cunha superficie de 72,68 hectáreas xunto cos esbozos da situación actual dos montes veciñais afectados. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda, dar cumprimento ao establecido nela e proceder a anular a clasificación e á cancelación da inscrición do monte de Cerredo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, así como proceder ás oportunas correccións nos expedientes afectados, de acordo co anterior pronunciamento.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 4 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo