Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao expediente 92/80.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 26 de febreiro de 2015 figura o acordo seguinte:

Monte de Guldriz (expediente 92/80), pertencente aos veciños da parroquia de Guldriz, no municipio de Friol, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 20 de decembro de 1982. Con data do 5 de maio de 2014 ten entrada copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Lugo, con data do 19 de febreiro de 2014, ditada no procedemento de xuízo verbal 377/2013, na cal, estimando a demanda interposta, se declara: «(...) que as leiras numeradas na demanda como 5-2, 5-3, 5-5 e 5-7 son propiedade de Mercedes Cruzado Buján, coa matización indicada respecto da 5-5; e as numeradas como 5-1, 5-4 e 5-6 da comunidade formada por Mercedes Salgado Carreira e os herdeiros de Francisco Ceide Salgado (...) sen que teña ningunha delas a condición de monte veciñal en man común do lugar de Guldriz, e condenase a demandada a estar e pasar por tal declaración e a consentir que tales leiras sexan excluídas formalmente do monte en man común de Guldriz (...)». Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 20 de novembro de 2014, emítese informe en que se especifica a modificación resultante, co que o monte de Guldriz queda cunha superficie de 213,47 hectáreas, e xunto co esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda, dar cumprimento ao establecido nela, procedendo ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 4 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo