Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/82-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Autoridade Portuaria da Coruña.

Domicilio social: avda. da Marina, s/n, 15001 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS e CT de 100 kVA para a subministración en BT á vía soterrada na Dársena da Mariña.

Situación: Dársena da Mariña, A Coruña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada de dobre circuíto, con inicio na liña EPU703 propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A. entre o CS 15PXC4 e o CT 15SPD, de 24+24 m de lonxitude, con condutor de aluminio RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), e fin no centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento en edificio específico para este fin compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A.

– Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas (24 kV, 400 A) e transformador de 1.000 kVA, relación 15-20 kV/400 V, illamento seco clase F e refrixeración natural.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 18 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña