Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2015/62-1).

Expediente: IN407A 2015/62-1.

Solicitante: Udesa.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS Cadaval.

Concello: Cerceda.

Características técnicas:

Tramo de LMTS de 944 m, a 20 kV, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), con orixe no paso aerosubterráneo proxectado que se vai realizar no apoio nº 6 da LMT Cerceda, A Silva (expte. 2008/488) e final no paso de subterráneo a aéreo proxectado que se vai realizar no apoio nº 8 existente da LMT ao CT O Pao do Lobo e CC.TT. Casaldalbre, A Lagoa e O Lodeiro (expte. 2003/258), logo de realizar entrada e saída no CT Cadaval proxectado.

CT Cadaval de 160 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

Desmontaxe de 890 m de LMT aérea e do CT intemperie existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 12 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña