Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11971

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2014 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG núm. 71, do 11 de abril) e pola Orde do 18 de decembro de 2014 (DOG núm. 245, do 23 de decembro), pola que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, de conformidade co disposto na base II.1.1.3

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos).

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de arquitectos/as, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Fernando García-Fente Varela
Presidente do tribunal