Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 11973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 11 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 25 de febreiro), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), acordou que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 22 de abril de 2015, e que o lugar de realización será na Facultade de Dereito (avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Sur 15782 Santiago de Compostela), no salón de actos, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Miguel Ángel Veiga Campo
Presidente do tribunal