Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11934

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de información pública sobre o documento do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 16 de maio de 2014, adoptou os acordos de aprobación inicial do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello, a suspensión do outorgamento de licenzas no conxunto do ámbito do Plan especial, conforme o establecido no artigo 77.2 da LOUGA, e someter o expediente ao trámite de información pública durante un mes, de acordo co disposto no artigo 86.1 da LOUGA.

O Concello Pleno, con data do 30 de decembro de 2014, aprobou provisionalmente o documento de Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello de decembro de 2014, co mantemento da suspensión do outorgamento de licenzas no conxunto do ámbito do Plan especial, nos termos do acordo da aprobación inicial do Pleno, xunto co informe sobre as alegacións achegadas no preceptivo trámite de información pública e audiencia aos interesados da aprobación inicial.

Aínda que o documento aprobado provisionalmente non contén modificación substancial respecto ao aprobado inicialmente, polo que non sería necesario reiterar o trámite de información pública logo da aprobación provisional, para garantir unha maior participación cidadá no procedemento, sométese o contido íntegro do documento do Plan especial a unha nova información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio nos distintos medios BOP, DOG en dous dos xornais de maior circulación da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web, de xeito que a información pública non finalizará ata o remate do prazo do mes contado desde a última publicación.

Para estes efectos terase á disposición do público un exemplar do documento no Servizo de Urbanismo deste concello, na rúa María, nº 54, 5º andar, en horario de atención ao público, das 9.00 ás 14.00 horas, e a súa consulta na páxina web do concello. Poderanse presentar as alegacións correspondentes no Rexistro do concello, ou a través dos medios previstos para tales efectos na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ferrol, 16 de marzo de 2015

Guillermo Evia Pérez
Concelleiro delegado de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación