Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo de atención e información á cidadanía na Xunta de Galicia (teléfono 012), polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 881 99 97 04 e 981 54 54 67, e información de índole administrativa 981 54 42 59, 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos: dxara@xunta.es, para información de índole técnica, e
natalia.lobato.mosquera@xunta.es e manuel.perez.gonzalez@xunta.es, para información de índole administrativa.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22252

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SESE 09-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de atención e información á cidadanía na Xunta de Galicia (teléfono 012).

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de execución: o indicado no punto 6.2.6 do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 75110000-0- servizos públicos xerais, 79510000-2 servizos de contestación de chamadas telefónicas, 79511000-9 servizos de operador telefónico, 79512000-6 centro de chamadas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 4.594.176,88 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 2.088.262,22 €. Importe total: 2.526.797,28 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o decimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: indicarase oportunamente no perfil do contratante desta consellería.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B, Documentación relativa aos criterios de adxudicación non avaliables automaticamente, terá lugar ás 12.00 horas o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións; de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte. O lugar, día e hora do segundo acto público, apertura do sobre C, Documentación relativa aos criterios de adxudicación avaliables de forma automática, indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

e) 10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Beatriz Cuíña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza