1.1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Bergondo.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Nº de expediente: OA-02-2015.
1.2. Obra incluída no Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015 da Agader, financiado co Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: reparación e asfaltado de camiños: DP-0810 a límite do concello de Abegondo e DP-0105 á igrexa de Santa María de Cortiñán (parroquias de Guísamo e Cortiñán).
b) Lugar de execución: concello de Bergondo.
c) Prazo de execución (meses): un (1).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.
4. Orzamento de licitación.
A. Valor estimado: 62.055,97 €; B. IVE (21 %): 13.031,75 €. Importe total A+B: 75.087,72 €.
5. Garantías:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).
6. Obtención de documentación e información:
Entidade: Concello de Bergondo.
Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.
Localidade e código postal: 15165 Bergondo.
Teléfono: 981 79 12 52.
Fax: 981 79 42 33.
7. Clasificación do contratista: non se exixe.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o siguiente ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG o no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.
b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerá esta contratación.
d) Lugar de presentación:
1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.
2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.
3ª. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.
9. Solvencia económico-financeira e técnica:
9.1. Documentación acreditativa da solvencia económica e financiera: declaración anual de IVE ou contas anuais. Mínimo de solvencia económica e financiera: do exame da documentación presentada debe resultar un volume de negocios relativo ao último exercicio, igual ou superior á metade do importe do contrato obxecto de licitación.
9.2. Documentación acreditativa da solvencia técnica: relación das obras públicas ou privadas de características e volumes análogos a que se refire o prego, que a empresa teña efectuado dentro dos dez últimos anos, achegando os certificados de boa execución xustificativos que se crean oportunos da realización a plena satisfacción das referidas obras, indicando o importe, as datas e o lugar de execución das obras. Os certificados, no caso de ser obra pública, presentaranse co visto e prace do órgano competente da Administración contratante. Mínimo de solvencia técnica: execución de dúas (2) obras, como mínimo, de natureza análoga á obra obxecto de licitación, que representen un importe conxunto igual ou superior á contía do contrato.
9.3. De conformidade co disposto no artigo 74.2, en relación ao 75.3 e 76.2 do TRLCSP, establécese como clasificación indicativa en contratos do mesmo tipo ao obxecto de licitación, de conformidade co disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, o grupo G, subgrupo 4, categoría e). Se se acredita a clasificación indicada, terá validez como forma de acreditar a solvencia neste contrato, para os efectos do previsto no artigo 65.1 do TRLCSP, non sendo necesaria a presentación da documentación indicada nas letras G.1 e G.2 da cláusula 7ª do prego.
10. Apertura das ofertas:
a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.
b) Hora: 13.00 horas.
11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es
12. Gastos dos anuncios:
Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego-tipo.
Bergondo, 13 de marzo de 2015
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa