Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases para a provisión do posto de coordinador técnico de deportes e de técnico medio de ambiente.

Acordo da Xunta de Goberno Local, do 11 de febreiro de 2015, referente á convocatoria e ás bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 34, do 20 de febreiro de 2015, aparecen publicadas as bases que deberán rexer a convocatoria e o proceso de provisión das seguintes prazas de persoal funcionario do Concello de Arteixo, incluídas nas ofertas de emprego público do exercicio 2012 e anteriores, polo procedemento de concurso-oposición libre:

– Coordinador/a técnico de deportes, grupo A1, licenciado.

– Técnico medio de ambiente, grupo A2, diplomado.

As instancias en que se solicitan tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 23 de febreiro de 2015

P.D. (Decreto 989/2011)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Recursos Humanos