Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO do contrato de xestión do servizo de recollida selectiva de papel cartón e envases lixeiros.

Por Resolución da Alcaldía, do 25 de febreiro de 2015, aprobouse o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas para a contratación, mediante procedemento aberto (con varios criterios de valoración), do contrato de xestión do servizo de recollida selectiva de papel cartón e envases do concello de Cerdedo, de acordo co seguinte cadro de características:

Denominación: xestión do servizo de recollida selectiva de papel cartón e envases do concello de Cerdedo.

Orzamento total estimado: cláusula 4ª do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 3.000 €.

Duración do contrato: seis (6) anos.

Criterios de adxudicación: cláusula décimo sexta do prego de cláusulas administrativas.

Información: o prego de cláusulas deste contrato estará á disposición dos interesados nas oficinas da Administración xeral do concello ou consultando o perfil do contratante.

Proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao do último anuncio de licitación que se publique no BOP ou DOG.

Gastos dos anuncios: os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cerdedo, 26 de febreiro de 2015

Silvestre José Balseiros Guinarte
Alcalde