Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e trámite de urxencia, da contratación administrativa especial, en trece lotes, da programación e execución das actividades de educación non formal da Campaña de Verán 2015, documentalmente simplificada (expediente 7/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

c) Obtención de documentación e información:

1. Información de índole administrativa na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, 3ª planta, Santiago de Compostela (CP 15781), teléfono: 981 54 48 53, fax: 881 99 96 67.

2. Información de índole técnica: nos respectivos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais que correspondan segundo o lugar de execución do lote, sendo os números de teléfono os que a seguir se indican:

– A Coruña: 881 88 12 36.

– Lugo: 982 29 43 46.

– Ourense: 988 38 61 12.

– Vigo: 986 81 70 48.

3. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22213

d) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, de 9.00 a 14.00 horas.

e) Nº de expediente: 7/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contratación administrativa especial.

b) Descrición: deseño, programación e posterior execución dos proxectos de actividades de educación non formal, entendidas como aquelas de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado e outras vinculadas á temática concreta de cada campamento correspondentes á Campaña de Verán 2015.

c) División por lotes e número:

Lote núm. 1: albergue xuvenil Mariña española (Bergondo).

Lote núm. 2: albergue xuvenil Gandarío (Bergondo)

Lote núm. 3: campamento xuvenil Espiñeira (Boiro).

Lote núm. 4: campamento xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son).

Lote núm. 5: campamento xuvenil de Furelos (Melide).

Lote núm. 6: albergue xuvenil de Area (Viveiro).

Lote núm. 7: albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín).

Lote núm. 8: campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo).

Lote núm. 9: campamento xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei).

Lote núm. 10: campamento xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo).

Lote núm. 11: albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa).

Lote núm. 12: campamento de Pontemaril (Forcarei).

Lote núm. 13: campamento da illa de Ons (Bueu).

d) Lugar de execución: o que se indica para cada un dos lotes.

e) Prazo de execución: o prazo total de execución será do 12 de xuño ao 12 de setembro de 2015 segundo os prazos parciais definidos nos pregos de prescricións técnicas para cada lote.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA: 93.29.29.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo da licitación, dividido nos lotes que se especifican a seguir, ascende á cantidade de oitocentos setenta e dous mil seiscentos euros (872.600,00 €), ao que se lle engaden oitenta e sete mil douscentos sesenta euros (87.260,00 €) en concepto de IVE (10 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de novecentos cincuenta e nove mil oitocentos sesenta euros (959.860,00 €).

• Lote núm. 1: 59.950,00 €, máis 5.995,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 2: 103.450,00 €, máis 10.345,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 3: 47.500,00 €, máis 4.750,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 4: 58.600,00 €, máis 5.860,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 5: 54.800,00 €, máis 5.480,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 6: 81.200,00 €, máis 8.120,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 7: 52.900,00 €, máis 5.290,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 8: 95.500,00 €, máis 9.550,00 € correspondentes ao IVE

• Lote núm. 9: 43.100,00 €, máis 4.310,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 10: 40.400,00 €, máis 4.040,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 11: 90.000,00 €, máis 9.000,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 12: 99.100,00 €, máis 9.910,00 € correspondentes ao IVE.

• Lote núm. 13: 46.100,00 €, máis 4.610,00 € correspondentes ao IVE.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación dos lotes aos que se concorra, excluído o IVE.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación dos lotes correspondentes, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15781, Santiago de Compostela. Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (881 99 96 67), ou telegrama, no mesmo día. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data e hora: ás 10.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas; no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19 de agosto de 2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar