Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inadmisión a trámite do recurso extraordinario de revisión dun expediente de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que compareza persoalmente ou debidamente representada na sede no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de febreiro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: Reint. 2014/132-5.

Nome: Remesar Castro, Mª Teresa.

NIF: 35456422J.

Último enderezo coñecido: praza da Feira, nº 13, 36680 A Estrada (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción de emprego autónomo.

Contido da resolución: inadmisión a trámite do recurso extraordinario de revisión interposto contra a resolución do procedemento de reintegro.

Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2008 (DOG núm. 10, do 15 de xaneiro de 2009).