Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Galega de Serra do Bocelo.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público:

Nesta dirección xeral recibiuse certificación da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Galega de Serra do Bocelo, que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2015, onde se reflicte o acordo de disolución da dita asociación, acadado segundo establece o artigo 30 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social