Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 3 de marzo de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expedientes OU-01034-O-2014 e PO-02154-O-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que a subdirectora xeral de Inspección de Transportes ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a directora xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 30 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01034-O-2014

Garda Civil 3201 A47914C

Rimobel, S.A.

A12045134

Estrada Vinarós, Ulldecona, km 1

12509 Vinaròs (Castellón/Castelló)

O exceso igual ou superior ao 10 % e inferior ao 20 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 16 %.

25.3.2014; 10.33.00; A-52; 202

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

950

PO-02154-O-2014

7023-FLL

Garda Civil 3601 Q92637T

Consztel Tui, S.L.

A Gándara, Guillarei

36720 Tui (Pontevedra)

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

4.6.2014; 7.50.00; AP-9; 137,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401