De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que a directora xeral de Mobilidade ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 30 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015
Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
PO-01114-O-2014 6624-CTF Garda Civil 3601 Q41913X |
Carburantes Salnés, S.L. B36327591 O Pazo-Xil, s/n, 36968 Meaño (Pontevedra) |
Non informar da inmobilización do vehículo en caso de accidente ou incidente grave, ou non adoptar medidas de seguridade e protección, excepto en caso de imposibilidade. 28.2.2014; 10.20.00; PO-550; 8 |
Art. 140.15.1 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 |
PO-02280-O-2014 9561-GXW Garda Civil 3601 K82210V |
Autocares Gonzmar, S.L. B47398409 Villafranca de Duero, 3, 1-1º-a, 47008 Valladolid (Valladolid) |
Utilizar o cartón doutro condutor ou unha folla de rexistro con nome ou apelido diferentes aos do condutor. 16.6.2014; 10.17.00; AG41; 0,4 |
Art. 140.22 LOTT |
Art. 143.1.h) LOTT |
2.001 |