Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11100

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 228/2013 BPB).

Secretaría: Sra. Barrio Calle-BPB

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 228/2013

Xulgado de orixe/autos: demanda 576/2012 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Gonzalo Rodríguez Eiro

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorrido: Marcos Moda, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso suplicación 228/2013 desta sección, seguido por instancia de Gonzalo Rodríguez Eiro contra Marcos Moda, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Gonzalo Rodríguez Eiro contra a sentenza de data 19 de outubro do ano dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Ourense, en proceso sobre cantidades, promovido pola recorrente fronte á empresa Marcos Moda, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Marcos Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2014

A secretaria xudicial