Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador IN635C 2014/167-4 a Pedra Pais, S.L.

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícase a Pedra Pais, S.L. a incoación do expediente sancionador do 7 de outubro de 2014, ao que lle corresponde o número IN635C 2014/167-4.

Comunícaselle que o dito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de quince (15) días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra