Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 24 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución de varios expedientes sancionadores.

Ante a imposibilidade da súa notificación aos interesados, por medio desta cédula notifícaselles a proposta de resolución correspondente aos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

Comunícaselles que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos considere convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Reclamante

Enderezo

Concello

Causa

IN635C-2014/110-4

Rele Calefacción, S.L.

Carrasqueira, 134 Tirán

Moaña

Non achegar a documentación requirida

IN635C-2014/137-4

Diego Dávila Vidal

Rúa Padín, 27 (casa)

Vigo

Non achegar a documentación requirida