Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial dos estudos de detalle de varios volumes no polígono industrial As Gándaras.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 4 de marzo de 2015, aprobou inicialmente os estudos de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas: B-6, H-4 e K.1.1, do parque empresarial As Gándaras, promovidos por Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométense a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderán ser examinados no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 9 de marzo de 2015

P.D. (Decreto número 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente