Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10936

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal (delimitación do núcleo rural de Pousada).

Con data do 4 de febreiro de 2015, o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, delimitación do núcleo rural complexo de Pousada, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo a disposición adicional décimo segunda da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, de modificación do punto 4 do artigo 93 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de Santa María de Amarante.

Maside, 24 de febreiro de 2015

Celso Fernández López
Alcalde