Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 01/2015).

Por Decreto de Alcaldía do 4 de marzo de 2015 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 01/15).

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa para a xestión e organización do cemiterio municipal.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 34.848 € (28.800 € + 6.048 € en concepto de IVE), polo prazo de catro anos.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 4 de marzo de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde