Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10934

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da estimación parcial das alegacións do PERI no contorno da APE-22.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar con data do 22 de xaneiro de 2015 acordou admitir a trámite e estimar parcialmente as alegacións presentadas por Isabel Mª Pérez Chao e Ana Isabel Pérez Chao á aprobación inicial do Plan especial de reforma interior no ámbito da APE-22, Fene, e, en consecuencia, retrotraer o expediente ao momento anterior á súa aprobación inicial para requirir ao promotor informe ou memoria de sustentabilidade económica recollido no artigo 15.4 do Real decreto lei 2/2008, así como levantar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas por un prazo máximo de 2 anos no ámbito da APE-22 acordado en sesión da Xunta de Goberno Local do 12.6.2014.

De conformidade co artigo 66 da Lei 30/1992, na retroacción do expediente conservaranse aqueles trámites e actos cuxo contido se mantería igual de non terse cometido a infracción.

Fene, 26 de xaneiro de 2015

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde