Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Martes, 17 de marzo de 2015 Páx. 10939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 43/14).

Por Decreto de Alcaldía do 5 de marzo de 2015, foron aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 43/14).

2. Obxecto do contrato: obra de execución de bancada de público no C.F. Atios, ao abeiro do Plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais 2014
(PUSIM/14) da Deputación Provincial de Pontevedra.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 125.368,90 € (103.610,66 € + 21.758,24 € en concepto de IVE).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 5 de marzo de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde